
o luns entramos na Nova Normalidade, polo que queremos compartir convosco a playlist que fixemos entre todas tanto en YouTube como en Spotify

o luns entramos na Nova Normalidade, polo que queremos compartir convosco a playlist que fixemos entre todas tanto en YouTube como en Spotify
por Afra Torrado

Arancha Nogueira (Ourense, 1989) é unha poeta que fixo bastantes movidas (podedes consultalo na súa páxina de Wikipedia). ven de publicar Spleen en catro tempos (Toxosoutos, 2018) e A Comparsa (Leite Edicións, 2019) pero aquí non vimos falar de cousas profesionais, vimos facer ensalada.
infumable: pregunta típica e tópica: cando e por que empezaches a escribir?
Arancha: pois escribo desde que teño uso de razón! Sempre o conto, pero de pequena, cando aínda non sabía escribir todas as letras, pedíalle á miña nai que me axudara para escribir contos que me inventaba e que logo ilustraba e todo (ben se ve que fun perdendo capacidades co tempo…). poesía, e só poesía, probablemente desde os 18 anos. se cadra porque sentía que era o que mellor lle acaía ao que me apetecía escribir e a esa especie de voz poética miña, se é que se lle pode denominar así. pero, sinceramente, tampouco foi unha decisión moi consciente. o que si teño claro é que sempre quixen escribir, igual por reacción ao silencio (son filla única e pasaba moito tempo soa), igual porque sempre fun eu moi contista ou igual porque en realidade quería ser cantante pero canto regular. o que sei é que sempre tiven esa pulsión!
I: se organizáramos un karaoke podias ser cabeza de cartel, just sayin’
A: NO ME PROMETAS COSAS QUE LUEGO NO VAS A CUMPLIR
i: rosalíalabuena ou rosalíalamala?
A: a ver, maritrini, a min entrar nese beef como que me dá perecita. ou sexa, Rosalía la buena a tope, grande das nosas letras, crica testemuñal (pero ela non tiña culpa) e tipa empoderada, por moito que a pinten de agonías. pero para outras cousas tamén Rosalía la mala, cona, que non vai ser todo adiós ríos adiós fontes. hai que adaptarse aos tempos (e aos contextos, que eu ás 3 da mañá cun chintoni non che son igual que ás 3 da mañá un domingo de menstruación, claro). ou sexa, puretas go home
i: hai moito pureta?
A: hai abondo (ella, facendo amigos desde 1989)
i: (aranchanogueira aqui vostede ven rajar)
A: yo he venido aquí a rajar (de mi libro non , dos de outrxs)
i: obviamente… falanos das túas referentes!
A: referentes, moitas, e mesmo algunhas que supoño que non o son conscientemente. lecturas, pero tamén outras artes. pero como coido que para as pouquiñas veces que se nos permite ter voz está ben que salientemos o traballo de compa-ñeiras, destacaría, en primeiro lugar, as lecturas que mudaron por completo o meu xeito de concebir a poesía e a miña escrita: María Lado, Yolanda Castaño e Lupe Gómez, fundamentalmente. ese xeito irre-verente de falar das cousas cotiás. iso que tiña tan pouco que ver co que sempre nos viñan dicindo que era poesía. buf, foi unha revolución para min. un pouco máis tarde, María Xosé Queizán, Pilar Pallarés… e tanto, que agora até están no corpus da miña tese! Emma Pedreira, Susana S. Aríns… pero podería dicir moití-simas. agora mesmo referentes son tamén moitas autorasda miña xeración, e precisamente o que me interesa é termos unha especie de diálogo case inconsciente. diría Míriam Ferradáns, Nuria Vil, Andrea Nunes, Tamara Andrés, Afra Torrado, Charo Lopes, Lara Dopazo, Laura R. Cuba… non sei, creo que se están facendo cousas excelentes, e sobre esas cousas tamén traballo, e polo tanto tamén as considero referentes (e unhas refe-rentes coas que establezo relacións de horizon-talidade, e iso tamén me parece interesante: o rachar con moitos moldes xerárquicos do que ten que ser un referente).
i: a Afra Torrado esa é unha gilipollas, en fin… que papel xogan as redes sociais na túa vida (e obra?)? como as utilizas, maritrini?
A: pois mira, sinceramente creo que na miña obra as uso de menos para o moito que as uso na vida. supoño que ten que ver tamén con ese xeito pouco ordenado que teño de crear (e que recoñezo, recoñezo…). na vida cotiá úsoas moitísimo: gosto delas, das posibilidades que me dan para comuni-carme con outrxs empregando moití-simos códigos pero tamén pola posibilidade performática que me permiten a min mesma. nas redes son eu e son moitas (as moitas que son eu). iso paréceme marabilloso. nas redes podo falar da situación política e dos memes e da nova de Rosalía la mala e da precariedade na universidade, e mesmo todo xunto. creo que é un espazo comunicativo aberto, flexíbel e puto marabilloso. a nivel de obra, emprégoas sobre todo para difusión. pero teño que dicir que si notei tamén esa mudanza na miña lingua, no meu xeito de comuni-carme, no meu último poemario, A comparsa, publicado por Leite Edicións. e gostei, gostei moitísimo de ver que a miña poesía era cada vez máis fiel ao meu xeito real de falar. porque ao final é do que se trata(para min): de romper esa barreira elitista da poesía como algo elevado. de facer da poesía un meme, e tamén unha queixa, unha loita, unha risa, unha festa.
i: que é o peor de ser poeta? o mellor non nos interesa tanto pero tamén podes dicírnolo
A: pfff… o peor de ser poeta, supoño que ser unha intensita así en xeral. aínda que se non escribise sería tamén intensita, eu que sei. non, para min, que aínda que non o pareza son bastante introvertida, ter que asistir a certos saraos, e saudar a xente e ter que ter ese punto de «exposición», de «venderse» é un pouco o peor. non o levo ben e moitas veces dáme ansiedade. non vai comigo. tamén é certo que ás veces hai saraos que son unha fantasía. en fin, o evento de Schrödinger. ti vas, e logo non sabes…
i: falando de saraos, andas metida en novos saraos dos que se poida saber?
A: mmm non moitos agora, a verdade, estou un pouco parada! publicar tanto o ano pasado tamén foi un chisco agobiante, e por iso parar (me) é necesario. Pero bueno, moi prontiño presentamos os novos títulos de Leite en Chan da Pólvora, uns días máis tarde teño recitais/obradoiros en centros de ensino do Carballiño e de Cea (que me fan moitísima ilusión, porque é un público distinto) e pasado o verán vou asistir a un festival de poesía que creo que aínda non podo dicir, pero que me apetece moitísimo! a nivel de escribir, algo estou escribindo, pero pouco a pouco. quero sacar algún outro videopoema do spleen e estamos trabajando en ello. mentres tanto, o que saia.
i: se tiveras que pasar unha semana nun lugar incomunicada e soa (con posibilidade de chamar ao 112, claro), que tres cousas levarías?
A: pois a ver, interpreto que se dis que estou incomunicada, non podería levar un teléfono móbil con acceso a internet, que sería bastante… drama. tampouco un pincho para conectarme a internet desde calquera dispositivo, é dicir, nada de comunicación. pois en tal caso, creo que levaría… unha navalla suíza porque, bueno, seica valen para moitas cousas. eu son bastante trenca entón non estou moi segura de para que a podería usar, pero bueno, eu que sei, para cortar algún froito dunha árbore pois supoño que si. despois, unha crema antifungos porque a candidiase volve sempre e sobre todo cando tes estrés e ansiedade. e por último supoño que algo así como un libro de Sylvia Plath porque en último caso, se te ves moi mal, tes a navalla suíza e o libro de Sylvia Plath para regodearte na túa miseria que creo que está moi ben. e logo seguro que xa podería facer papiro e outro tipo de cousas con materiais naturais para escribir mis movidas de Robinsou Crusoe
I: para rematar, queres saudar a alguén?
A: si! aos que me facían bullying no instituto: fac yu, que saio no Infumable e vós non. tamén a todxs xs que me rexeitaron. a ver, seguro que fixéchedes ben porque son unha intensita, pero ao mesmo tempo saio no Infumable, check that out. E xa ta.
Entrevista publicada no Infumable nº6

hai bastante que anunciamos a saída do infumable 6, pero non tivemos tempo de redactarlle unha entrada no noso blogue para falarvos das súas bondades.
o infumable 6 levounos mil anos pero estamos moi contentas co resultado. isto non sería posible sen a colaboración de todas as artistas que colaboraron e axudaron a sacar isto adiante.
cederon os seus textos Mia Dalén, Danial Pol, O Portugués, María Alonso, Arancha Nogueira, Ana Beloso, Fátima Domínguez Silva, Belén Senín, Lucía Cernadas e Mirian Parajes. Ademáis, adxuntamos a modo de suplemento, un minipoemario de Pablo Rodríguez con tres poemas imperdibles!

ademáis, ilustran este número Mariña Longa, Xiao Aller, Sibi Rodríguez, Dacal, Ada Seoane e Afra Torrado.
tamén conta con seccións que viñamos facendo como verbas da xente (por Rocío Martínez) , Infumable Recomenda ou a entrevista, neste número a Arancha Nogueira. como novidade, incluímos o test que tipo de poeta es?
sabedes o mellor? todo isto por só 3€ (máis 1 de gastos de envío)! (momento teletenda)
que tendes que facer para facervos cun Infu6?:
paso 1: contactarnos por Instagram, Twitter, Facebook ou e-mail (infumablefanzine@gmail.com)
paso 2: se vivides en Vilagarcía, Cesures, Pontevedra ou Compostela, aforrades o euro de envío. se non tendes a sorte de vivir nin frecuentar estes lugares de dubidosa reputación, enviámolo por correo e listo!
un saludete da cúpula de Influmable!
aquí estamos, nunha plataforma máis que (non) manter, pero todo ten unha explicación. por que un blogue? pois fácil e sinxelo para toda a familia: para ter a man e a disposición de todo o mundo, información importante sobre o noso proxecto sobre a que non deixamos de recibir preguntas. pasar unha ligazón é máis fácil que redactar dez e-mails sobre o mesmo.
aínda así, non renunciamos a que nos preguntedes a máis mínima dúbida que teñades, pero tendo a información básica a man
tamén pretendemos ampliar aquí información sobre o que vaiamos facendo, para usar este blogue a modo de diario que nin que estivéramos aquí en 2010.

agardámosvos no infumable número 6!