infumable 6

portada do Infumable 6 con Lela a da Lomba como protagonista.

hai bastante que anunciamos a saída do infumable 6, pero non tivemos tempo de redactarlle unha entrada no noso blogue para falarvos das súas bondades.

o infumable 6 levounos mil anos pero estamos moi contentas co resultado. isto non sería posible sen a colaboración de todas as artistas que colaboraron e axudaron a sacar isto adiante.

cederon os seus textos Mia Dalén, Danial Pol, O Portugués, María Alonso, Arancha Nogueira, Ana Beloso, Fátima Domínguez Silva, Belén Senín, Lucía Cernadas e Mirian Parajes. Ademáis, adxuntamos a modo de suplemento, un minipoemario de Pablo Rodríguez con tres poemas imperdibles!

infumable + o poemario de Pablo Rodríguez

ademáis, ilustran este número Mariña Longa, Xiao Aller, Sibi Rodríguez, Dacal, Ada Seoane e Afra Torrado.

tamén conta con seccións que viñamos facendo como verbas da xente (por Rocío Martínez) , Infumable Recomenda ou a entrevista, neste número a Arancha Nogueira. como novidade, incluímos o test que tipo de poeta es?

sabedes o mellor? todo isto por só 3€ (máis 1 de gastos de envío)! (momento teletenda)

que tendes que facer para facervos cun Infu6?:

paso 1: contactarnos por Instagram, Twitter, Facebook ou e-mail (infumablefanzine@gmail.com)

paso 2: se vivides en Vilagarcía, Cesures, Pontevedra ou Compostela, aforrades o euro de envío. se non tendes a sorte de vivir nin frecuentar estes lugares de dubidosa reputación, enviámolo por correo e listo!

un saludete da cúpula de Influmable!

Anuncios

benvidas!

aquí estamos, nunha plataforma máis que (non) manter, pero todo ten unha explicación. por que un blogue? pois fácil e sinxelo para toda a familia: para ter a man e a disposición de todo o mundo, información importante sobre o noso proxecto sobre a que non deixamos de recibir preguntas. pasar unha ligazón é máis fácil que redactar dez e-mails sobre o mesmo.

aínda así, non renunciamos a que nos preguntedes a máis mínima dúbida que teñades, pero tendo a información básica a man

tamén pretendemos ampliar aquí información sobre o que vaiamos facendo, para usar este blogue a modo de diario que nin que estivéramos aquí en 2010.

agardámosvos no infumable número 6!