bases

novidade: bases para o infumable nº8

QUE BUSCAMOS?

por agora buscamos: banda deseñada, narrativa, poesía, artigos… as ilustradoras buscarémolas máis adiante, sependendo dos textos que teñamos ou o espazo que nos quede.

ATA CANDO?

non pensamos en ningunha data en concreto. movémonos entre un e dous meses. permanece atenta ás nosas redes sociais!

ONDE?

neste número, gustaríanos que nos mandárades cousas a través deste formulario para ter todo ben ordenadiño. estamos fartas de ser un desastre!

abaixo tendes as bases xerais, todo máis detallado, pero para resumir, máximo dúas carillas A4 por persoa (catro en A5) e nada que faga apoloxía de discursos que atenten contra os dereitos humanos ❤

como publicar?

queres publicar en infumable e non sabes que carallo tes que facer? aquí estamos nós para axudarte!

  1. agarda a que anunciemos algunha convocatoria. para isto, presta atención ás nosas redes sociais.
  2. mándanos un arquivo (preferiblemente PDF) co texto (onde deberá aparecer o título ben diferenciado en caso de telo) máis o nome co que queiras firmalo e unha ligazón (isto último é opcional).
  3. agardar a que nós (unhas lentas de merda) contestemos e cho publiquemos no seguinte fanzine.
  4. máximo dúas caras por persoa aproximadamente (por un pouco máis non pasa nada pero non queremos biblias). preferimos textos breves por cuestións de fluidez e montaxe.

se tes en mente un proxecto de maior envergadura, bótalle un ollo a Leite Edicións.

cales son as bases?

estas son as bases que en principio deben cumprirse para que un texto saia publicado en infumable.

  1. debe estar en galego salvo excepcións (escritoras invitadas de fóra de Galiza)
  2. non debe facer apoloxía a discursos que atenten contra os dereitos humanos (racismo, machismo, etc.)

en infumable non pretendemos ser críticas literarias nin nada diso así que, en canto a calidade, chega con que che guste a ti aínda que seguro que tamén lle gusta a alguén máis!

se tes algunha dúbida, contacta connosco!